Ir o contido principal

Oferta de obradoiros

Para quen?

Centros escolares e de formación, asociacións e outras entidades, institucións ou axencias.

Inclúese indicación dos obradoiros accesibles para persoas con discapacidade intelectual.

Información de interese

  • Gratuíto
  • Mínimo 10 participantes por grupo
  • Duración 1 hora aproximadamente
  • Actividades adaptadas aos diferentes niveis educativos

Como?

Reserva previa

  • T. 886 151 101 entre 9.00- 21.00 h de luns a venres
  • Correo museo.masso [at] xunta.gal

Indicar:

  • Día e hora que interesa reservar
  • Número de participantes
  • Curso ou idade
  • Nome e teléfono móbil de contacto dun responsable do grupo
  • Actividade a realizar

Aviso grupos

O canto das baleas

O canto das baleas

Actividade centrada nas baleas co obxectivo de coñecer as súas características principais como animais mariños, así como as distintas especies que existen.

  • 4-6 anos
Corseando cos Bolechas

Corseando cos Bolechas

Proponse un achegamento á actividade corsaria e ao seu desenvolvemento en Galicia: a diferenza coa piratería, a súa regulación, as formas de actuar e os obxectivos.

Dispoñible a actividade en versión online.

  • 4-6 anos
Mar á vista

Mar á vista

Xogo de recoñecemento de diferentes especies mariñas a partir dunha pintura de Urbano Lugrís. As nenas e nenos irán descubrindo o universo pictórico do artista así como a representación dos elementos na pintura.

  • 4-6 anos
Cousas da praia

Cousas da praia

Actividade encamiñada ao descubrimento da praia como hábitat natural. Formúlanse cuestións como a formación da area da praia, o por que das mareas, que tipo de plantas viven nas dunas, etc. O obxectivo fundamental é ofrecer unha visión diferente da praia aprendendo a respectala como un espazo común onde tamén viven plantas e animais.

  • 4-6 anos
O mapa do corsario

O mapa do corsario

A actividade pretende fixar mediante o xogo unha serie de conceptos sobre as diferenzas entre as actividades de piratería e do corso, a súa natureza, obxectivos, o seu papel na sociedade do século XIX e o protagonismo galego neste ámbito.

  • 4-10 anos
O que o mar non quere

O que o mar non quere

Este obradoiro aborda a problemática da contaminación dos océanos. Propónselles ás persoas participantes un xogo para conciencialas sobre as consecuencias dos residuos que acaban no mar e a gran importancia da conservación dos océanos.

  • 5-9 anos
Os tesouros do galeón afundido

Os tesouros do galeón afundido

Actividade lúdica desenvolvida dende a liña do descubrimento e o xogo para coñecer en que consiste o traballo da arqueoloxía subacuática, dende a exploración dos fondos mariños ata a interpretación dos depósitos arqueolóxicos e a formulación de hipóteses

  • 5-9 anos
A aventura do Nautilus

A aventura do Nautilus: Navegando baixo os mares

A actividade pretende dar a coñecer os capítulos máis salientables da obra Vinte mil leguas de viaxe submarina; especialmente o relativo á chegada do submarino Nautilus á baía de Vigo, cando recala na cidade atraído polo suposto tesouro dos galeóns de Rande. O obradoiro fai especial fincapé nos obxectos que conserva o Museo Massó recuperados na enseada de San Simón, como un canón extraído das augas no ano 1958, e que pertencen a embarcacións afundidas que participaron na famosa batalla de Rande no ano 1702.

  • 5-10 anos
A balea

A balea

A partir dunha introdución sobre as características principais das baleas e as diferentes ameazas ás que se ven sometidas, as persoas participantes realizarán dous pequenos murais mediante a técnica do collaxe. Unha das imaxes estará baseada na caza das baleas e os diferentes perigos que corren e a outra representará a importancia de conservar a especie como parte dun ecosistema.

  • 6-8 anos
  • Obradoiro accesible para persoas con discapacidade intelectual
En busca do tesouro

En busca do tesouro

Actividade centrada no episodio da expedición naval da primeira volta ao mundo e os motivos comerciais que a impulsaron.

A partir dun mapa e dalgunhas pistas, as persoas participantes terán que encontrar as diferentes partes dun crebacabezas coma se dun tesouro se tratara.

  • 6-9 anos
  • Obradoiro accesible para persoas con discapacidade intelectual