Ir o contido principal

Oferta de obradoiros

O deseño en conserva

O deseño en conserva

Este obradoiro céntrase no deseño gráfico dende o punto de vista do marketing. As persoas participantes coñecerán a evolución dos deseños nas latas de conserva da empresa Massó Hermanos e, logo, terán que crear o seu propio deseño.

  • 8-16 anos
  • Obradoiro accesible para persoas con discapacidade intelectual
O sal do mar

O sal do mar

Este taller explica o papel fundamental do sal na conservación dos alimentos e a importancia da súa comercialización ao longo da historia, chegando a alcanzar grandes repercusións económicas e políticas. Prestarase maior atención ao uso do sal en Galicia para a conservación do peixe e á visibilización do traballo das mulleres na industria da salga, sendo esta un método de conservación empregado durante moitos séculos antes de que existiran as conservas enlatadas e os conxeladores.

  • 9-16 anos
Atando cabos. Nós mariñeiros

Atando cabos. Nós mariñeiros

Obradoiro práctico de aprendizaxe de 5 nós mariñeiros básicos: Cote, Ás de Guía, Chan, Oito e Ballestrinque. Explicarase a súa orixe e aplicación e, despois, montarase un pequeno cadro de nós.

  • A partir de 8 anos
  • Obradoiro accesible para persoas con discapacidade intelectual
Atando cabos. Nós mariñeiros

Atando cabos. Nós mariñeiros

Obradoiro práctico de aprendizaxe de nós mariñeiros básicos. Explicarase a súa orixe e aplicación e, despois, cada persoa participante elaborará un chaveiro cun tipo de nó mariñeiro.

  • A partir de 12 anos
  • Obradoiro accesible para persoas con discapacidade intelectual
Ex libris. Personaliza os teus libros

Ex libris. Personaliza os teus libros

O obradoiro consiste na realización dun ex-libris (selos estampados) para personalizar os libros das persoas participantes. Aprenderán a técnica de gravado sobre goma e a fabricación de matrices. Logo de coñecer o ex-libris que Antonio Massó deseñou para a biblioteca do Museo Massó, elaborarán e estamparán o seu propio selo.

  • A partir de 8 anos
  • Obradoiro accesible para persoas con discapacidade intelectual
Redes de Mallo

Redes de Mallo

A través do caderno de Bueu e a serie "La religión del trabajo“ da artista galega Maruja Mallo, obteranse os coñecementos básicos con perspectiva de xénero sobre a obra e a figura de Maruja Mallo e sobre a vida mariñeira que recolleu no caderno de apuntes do ano 1936; as redes, os oficios e as cuestións sociais que se xeran ao redor do traballo no mar.

  • Obradoiro familiar
  • A partir de 6 anos