Ir o contido principal

Exposicións

Exposicións actuais

Ver exposicións pasadas

25 N. Os Desastres da Guerra. O corpo das mulleres como arma de guerra

Exposición temporal co motivo da celebración do Día internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres

  • Do martes, 25 de novembro de 2025 ao xoves, 31 de decembro de 2026
  • Data de finalización indeterminada
Máis información

Instalación temporal. Maruja Mallo e a alfombra voadora

O día 8 de outubro de 2025 inaugurouse no Museo Reina Sofía de Madrid a exposición MARUJA MALLO. MÁSCARA E COMPÁS. A mostra foi complementada por unha instalación de arte efémera que consistiu na realización dunha alfombra de cunchas realizada pola Asociación Cunchas e Flores de Bueu.  A alfombra foi desmontada o día 28 de outubro e trasladada ao Museo Massó.

  • Do sábado, 8 de novembro de 2025 ao xoves, 31 de decembro de 2026
  • Data de finalización indeterminada
Máis información

Crecer co mar. Os gozos e as sombras dunha vila mariñeira

A industria conserveira definiu a identidade de Bueu como vila mariñeira e impulsou unha fase de desenvolvemento sen precedentes. É un exemplo paradigmático das transformacións do litoral galego.

  • Do martes, 29 de xullo de 2025 ao xoves, 31 de decembro de 2026
  • Exposición semipermanente
Máis información

Camiño de papel e de estrelas

Esta exposición propón un percorrido polo camiño de papel que trazan os mapas. Seguimos a ruta marítima dende Palestina ata Padrón que, segundo conta a lenda, realizou o corpo do apóstolo Santiago.

  • Do sábado, 26 de xullo de 2025 ao xoves, 31 de decembro de 2026
  • Exposición semipermanente
Máis información

A conquista do mar e a explotación dos seus recursos

O percorrido pola historia da navegación embárcanos na aventura da conquista do mar, das expedicións marítimas e dos ataques dos temidos corsarios.
A través das industrias da salgadura, das conservas e das factorías baleeiras desfrutaremos dunha experiencia de coñecemento sobre a explotación dos recursos do mar.

  • Do martes, 1 de xaneiro de 2002 ao luns, 31 de xaneiro de 2050
  • Exposición permanente
Máis información