Ir o contido principal

Actividades

Actividades actuais

Ver actividades pasadas

8M Obradoiro

8M. Día Internacional da Muller. Obradoiro infantil para escolares

Actividade lúdica e educativa para reforzar novos modelos de masculinidade e feminidade, desbaratando os roles machistas que identifican as profesións e os oficios cun xénero determinado. Traballamos contidos presentes nas exposicións, seleccionando obxectos das distintas ocupacións, e xogamos aos recortables coa indumentaria representativa das mesmas. 

Pódese solicitar a partir do 9 de marzo

  • Cando?
    Do luns, 9 de marzo de 2026 ás 09:00 ao martes, 30 de xuño de 2026 ás 21:30
Programa gratuíto

Programa gratuíto para centros escolares

O Museo Massó oferta un programa gratuíto de obradoiros didácticos e visitas guiadas destinado a centros escolares desde a educación infantil ata o bacharelato.

Oferta de obradoiros

Oferta de itinerarios guiados

  • Cando?
    Do martes, 30 de decembro de 2025 ás 09:00 ao martes, 30 de xuño de 2026 ás 11:00