Ir o contido principal

Itinerarios guiados

Condicións das visitas guiadas gratuítas

  • Mínimo 10 participantes
  • Duración 1 hora aproximadamente

Datos para formalizar a solicitude

  • Día e hora que desexan reservar 
  • Nome e número de teléfono móbil da persoa de contacto
  • Número de participantes (e idades no caso de grupos de menores)

Precísase inscrición previa

  • Teléfono: 886 151 101
  • Correo electrónico: museo.masso [at] xunta.gal

Exposición permanente

A conquista do mar e a explotación dos recursos do mar

O percorrido pola historia da navegación embárcanos na aventura da conquista do mar e das expedicións marítimas.

A través das industrias da salgadura, das conservas e das factorías baleeiras desfrutaremos dunha experiencia de coñecemento sobre a explotación dos recursos do mar.

Máis información
Itinerario arquitectura

O museo que medrou dentro dunha fábrica. Un exemplo único de arquitectura industrial

Itinerario temático guiado polos edificios restaurados do antigo complexo conserveiro Massó integrados no museo.

Podremos coñecer un exemplo único en Galicia da primeira etapa da arquitectura industrial.

Learning english ate the museum

Learning english at the museum. Aprendendo inglés no museo

Poñemos a disposición dos centros de ensino de infantil, primaria e secundaria itinerarios guiados en inglés adaptados ao nivel académico correspondente.

A reserva está condicionada á dispoñibilidade da monitora.

Crecer co mar
#ffffff

Crecer co mar. Os gozos e as sombras dunha vila mariñeira

A mostra permítenos coñecer a xénese e desenvolvemento histórico da vila de Bueu ligado á explotación dos recursos do mar e á industria da salga e da conserva do peixe. O gran desenvolvemento que alcanzou no século XX a empresa Massó situará a Bueu no mapa internacional da industria conserveira.

O traballo das mulleres do mar en terra

O traballo das mulleres do mar en terra

Itinerario temático guiado que pon en valor a relevancia económica e social dos traballos que realizaban as mulleres dentro do sector pesqueiro.

Incídese, de forma especial, na discriminación e na falta de recoñecemento, así como na precariedade dos oficios do mar desenvolvidos en terra e na ribeira por mulleres.

A salgadura de Mourisca

Itinerario guiado sobre a historia da industria da salga de peixe e o proceso de traballo nunha fábrica de salgadura.

O itinerario iníciase no Museo Massó e complétase na antiga salgadura de Mourisca situada na praia do mesmo nome, na paraxe natural de Cabo Udra en Beluso (Bueu).

Máis información
Camiño de papel e de estrelas
#ffffff

Camiño de papel e de estrelas

Esta exposición propón un percorrido polo camiño de papel que trazan os mapas. Seguimos a ruta marítima desde Palestina a Padrón que, segundo conta a lenda, realizou o corpo do apóstolo Santiago.

Unha proxección envolvente condúcenos polo camiño de estrelas para coñecer o sistema de proxección astronómica que guiou aos navegantes.

Non todo e lata

Non todo é lata. Os oficios da madeira na conserveira

Neste itinerario guiado podemos coñecer a importancia do traballo da madeira dentro do sector das industrias do mar; oficios como o da carpintaría de ribeira para a construción de pequenas embarcacións de pesca ou o da tonalería para os envases da industria da salga. Tamén, visitaranse as grandes estruturas das cubertas de madeira da conserveira Massó como alarde arquitectónico da primeira arquitectura industrial.