Ir o contido principal

Exposición permanente

A conquista do mar e a explotación dos recursos do mar.

O percorrido pola historia da navegación embárcanos na aventura da conquista do mar e das expedicións marítimas.

A través das industrias da salgadura, das conservas e das factorías baleeiras desfrutaremos dunha experiencia de coñecemento sobre a explotación dos recursos do mar.

O percorrido iníciase na primeira planta, onde a exposición articúlase ao redor da idea da conquista do mar e está dedicada á navegación e a aquelas disciplinas que, como a astronomía, a xeografía e a construción naval, fixeron posible o seu desenvolvemento e o do comercio marítimo.

A planta baixa está dedicada á explotación dos recursos do mar e conta cunha colección única en España. Amósanse materiais arqueolóxicos procedentes da factoría de salga e do obradoiro de ánforas do xacemento romano de Pescadoira, así como materiais relacionados coa actividade industrial da familia Massó: as fábricas de salgadura e conservas e a caza da balea. En xullo do ano 2025 abríronse ao público os espazos restaurados da salgadura Piñeiro e da nave da antiga conserveira que alberga a sala dedicada á actividade portuaria.

Urbano Lugrís no Museo Massó e viceversa.

Na planta primeira sitúase a sala dedicada a Urbano Lugrís. Este percorrido expositivo, situado nun espacio recentemente restaurado do antigo complexo conserveiro, desvélenos como se foi xestando a vocación artística do pintor dentro dunha fábrica de conservas que acollía un museo.