Ir o contido principal
EXPOSICIÓN TEMPORAL

Translatio Sancti Iacobi. A travesía marítima do apóstolo

Esta pequena exposición de longa duración toma como punto de partida un exvoto mariñeiro do século XIX no que se representa en relevo policromado a chegada milagrosa en barca do corpo de Santiago ás costas galegas. Ademáis da propia lenda da Translación do corpo do Apóstolo e as circunstancias históricas que explican a súa invención no século XI, nesta mostra preséntanse outros aspectos colaterais vinculados coa temática marítima tan suxestivos como é a simboloxía que asumiu a barca en certas culturas relixiosas que forman parte da nosa tradición cultural, ou a relación que se establece a través da cuncha de vieira ou venera entre o culto a Venus, o bautismo cristián e a peregrinación xacobea.

Entre as pezas expostas, destaca un ara votiva de época romana que ilustra a orixe da práctica de ofrecer exvotos á divindade, varios libros incunables, a reprodución dunha moeda acuñada en Santiago no século XII coa representación máis antiga que se coñece da Translatio, maquetas de barcos, etc.. Dous libros incunables recollen a lenda do apóstolo Santiago, como son o Liber Chronicarum editado en 1493 cun gravado do seu martirio e a Lenda Dourada de Jacopo della Vorágine, de 1478, mentres que un exemplar de A Divina Comedia editado en 1493 introdúcenos no mito do barqueiro Caronte transportando as almas dos condenados.

Un exemplar de Tridacna máxima ou ameixa xigante e diversas pezas co motivo de cuncha xacobea dannos a oportunidade de establecer a conexión cultural existente entre a cuncha de Venus, a cuncha bautismal e a do peregrino.

Cando?
Do sábado, 5 de xuño de 2010 ao sábado, 14 de marzo de 2015

Máis exposicións

Ver exposicións pasadas

Un obxecto, unha historia invisible

Un obxecto, unha historia invisible é un proxecto no que facemos unha lectura dun obxecto que forma parte da exposición permanente para visibilizar as distintas historias que agocha. 

  • Do martes, 30 de xuño de 2026 ás 09:00 ao xoves, 31 de decembro de 2026 ás 21:00
  • Dende o martes 30 de xuño na sala da conquista do mar
Máis información

8M. Un obxecto, unha historia invisible

Exposición temporal con motivo da celebración do Día Internacional da Muller. 

  • Do domingo, 8 de marzo de 2026 ás 09:00 ao mércores, 30 de decembro de 2026 ás 21:00
  • Dende o domingo 8 de marzo de 2026 na sala da industria conserveira
Máis información