Ir o contido principal

Obradoiros de verán. 13 e 14 de agosto

tesouros​

13 de agosto_12.00 h. Os tesouros do galeón afundido (5 a 9 anos) é unha actividade lúdica desenvolvida dende a liña do descubrimento e o xogo para coñecer en que consiste o traballo da arqueoloxía subacuática, dende a exploración dos fondos mariños ata a interpretación dos depósitos arqueolóxicos e a formulación de hipóteses.

nudos​

14 de agosto_12.00 h. Atando cabos. Nós mariñeiros (a partir de 8 anos) é un obradoiro práctico de aprendizaxe de nós mariñeiros básicos. Explicarase a súa orixe e aplicación e, despois, cada persoa participante elaborará un chaveiro cun tipo de nó mariñeiro.

Cando?
Do xoves, 13 de agosto de 2026 ás 12:00 ao venres, 14 de agosto de 2026 ás 13:00
Organiza

Museo Massó

Máis actividades

Ver actividades pasadas

Programa gratuíto

Programa gratuíto para centros escolares

O Museo Massó oferta un programa gratuíto de obradoiros didácticos e visitas guiadas destinado a centros escolares desde a educación infantil ata o bacharelato.

Oferta de obradoiros

Oferta de itinerarios guiados

  • Cando?
    Do mércores, 10 de setembro de 2025 ás 09:00 ao venres, 18 de xuño de 2027 ás 21:00