Ir o contido principal
EXPOSICIÓN TEMPORAL

De Punta Balea a Cabo Morás. A caza da balea en Galicia

En Galicia desenvolveuse unha próspera industria ao redor da caza da balea e foi o último reduto desta actividade na Península Ibérica. Na guía ilustrada desta exposición poderás facer un percorrido dende a época histórica da caza con arpón de man ata as factorías do século XX, coa empresa Massó Hermanos S.A. como unha das protagonistas.

Con esta exposición propoñémonos recuperar un capítulo esquecido da nosa historia, como é o feito de que en Galicia desenvolveuse unha próspera industria ao redor da caza da balea e que foi o último reduto desta actividade na Península Ibérica.

O percorrido da exposición lévanos desde a época histórica da caza con arpón de man ata as factorías do século XX coa empresa Massó Hermanos como unha das protagonistas.

O tema principal do discurso expositivo céntrase nesta última etapa, exclusivamente galega, que se pecha coa prohibición en 1985 e se caracteriza polas melloras tecnolóxicas, as novas formas de explotación e a influencia do movemento ecoloxista.

Ao contrario que noutras potencias baleeiras como Noruega, os Azores, Gran Bretaña e Estados Unidos, o noso patrimonio está a piques de desaparecer. Dar a coñecer as testemuñas que conserva o Museo Massó e pór en valor as ruínas da factoría baleeira de Punta Balea en Cangas do Morrazo (Pontevedra), constitúen a última oportunidade que temos para rescatalo do esquecemento.

Cando?
Do mércores, 22 de xullo de 2015 ao xoves, 9 de maio de 2019

Máis exposicións

Ver exposicións pasadas

25 N. Os Desastres da Guerra. O corpo das mulleres como arma de guerra

Exposición temporal co motivo da celebración do Día internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres

  • Do martes, 25 de novembro de 2025 ao mércores, 30 de decembro de 2026
  • Dende o martes, 25 de novembro de 2025
Máis información

Instalación temporal. Maruja Mallo e a alfombra voadora

O día 8 de outubro de 2025 inaugurouse no Museo Reina Sofía de Madrid a exposición MARUJA MALLO. MÁSCARA E COMPÁS. A mostra foi complementada por unha instalación de arte efémera que consistiu na realización dunha alfombra de cunchas realizada pola Asociación Cunchas e Flores de Bueu.  A alfombra foi desmontada o día 28 de outubro e trasladada ao Museo Massó.

  • Do sábado, 8 de novembro de 2025 ao mércores, 30 de decembro de 2026
  • Dende o sábado, 8 de novembro de 2025
Máis información