Pintura do conxunto decorativo do comedor da conserveira Massó Hermanos S.A de Bueu realizada por Urbano Lugrís González (cara a 1943)

Stand promocional das conservas Massó para un recinto feiral, atribuido a Urbano Lugrís González (cara a 1942)

Urbano Lugrís e Fernando Massó Bolíbar nas proximidades do edificio da empresa e a vivenda Massó en Vigo (cara a 1949)

Gravado coa representación da lenda de san Brandán que ilustra o libro Nova Typis Transacta Navigatio de Fray Honorio Philopono (1621)

Esta sala atópase en proceso de rehabilitación e ofrecerá unha nova visión dos inicios de Urbano Lugrís como artista vinculados á familia Massó. Entre o 1942 e o 1946 déronlle aloxamento e ocupación no complexo conserveiro de Bueu co único fin de facilitarlle ao gran amigo do seu cuñado, José Mª Castroviejo, unha forma de ganarse a vida. Ata entón a experiencia de Lugrís parecía centrarse en traballos alleos á arte. O encargo da decoración do comedor das empregadas na conserveira carecía, nun principio, de ambición artística por ambas as partes, pero será durante o desenvolvemento deste traballo cando comezará a experimentar con diversos estilos en busca dunha identidade artística propia. A relación coa empresa Massó alóngase durante catro anos e vai máis aló.
Lugrís encargarase doutras tarefas que lle darán a posibilidade de coñecer a colección do Museo Massó. A partir de entón os instrumentos de navegación, os globos terráqueos, as maquetas de barcos, os gravados con monstros mariños fantásticos e a colección de cunchas, serán durante unha década a súa principal fonte de inspiración e pasarán a formar parte da iconografía lugrisiana desta época.
En 1948 recibe o encargo, por parte de José María Massó, de deseñar a nova capela dedicada aos Reis Magos cuxos bosquexos se expoñerán nesta sala xunto co resto das obras, documentos e fotografías que dan testemuño dos inicios da carreira artística de Lugrís baixo o paraugas de Massó en Bueu.