
Máquina troqueladora para a confección de latas de conserva da conserveira Massó de Bueu (finais do século XIX)

Prancha de folla de lata litografada para a confección dunha lata de conservas da conserveira La Perfección (cara a 1885)

Bosquexo para cartel publicitario de conservas Massó realizado por Federico Ribas Montenegro (cara a 1930)

Interior da nave construída para modernizar a fábrica de conservas Massó Hermanos S.A. de Bueu (cara a 1926)

Matriz litográfica de impresión de pranchas de folla de lata para a confección de latas de conserva da marca Massó (cara a 1940)



















A área dedicada á explotación dos recursos do mar comeza na época romana, co porto e o complexo que abrangue a fábrica de salgadura máis o centro oleiro de Pescadoira; continúa coa etapa de recuperación da industria da salgadura (entre o século XVIII e XIX), promovida grazas á iniciativa dos fomentadores cataláns, na que se insire o inicio da actividade empresarial en Bueu da familia Massó.
O desenvolvemento industrial dos séculos XIX e XX toma como fío condutor a historia e actividade das fábricas de conserva da empresa Massó, destacando a relevancia económica e social da man de obra feminina dentro do sector conserveiro, as aportacións da empresa Massó con patentes propias e o nivel que alcanzou no deseño de marca e da publicidade con colaboracións como a de Federico Ribas.