
Sirena de néboa con patente rexistrada en 1910 do taller de Kockums Verkstad (Malmö-Suecia, primeira metade do século XX)

Atlas de cartas náuticas Da nova e grande relumbrante antorcha da mar de Claes Jansz Vooght, editada por Van Keulen (Ámsterdam, 1698)

Saco de maestro veleiro e diversos instrumentos de cabullería (finais do século XIX-principios do século XX)

Ordenanza Real española que regula a actividade corsaria entre particulares. Imprenta Real de la Gazeta (Madrid, 1779)





















Na sala dedicada á conquista do mar, a colección composta fundamentalmente por instrumentos de navegación, cartografía marítima, maquetas de barcos, libros antigos e documentos históricos, introduce ao público naquelas disciplinas, coñecementos e circunstancias históricas que fixeron posible o desenvolvemento da navegación e do comercio marítimo desde o século XV. Esta sala conserva a museografía orixinal e constitúe por si mesma unha peza de museo.