
El navío nodriza y sus lanchas balleneras. Ilustración do Diccionario Histórico de los Artes de la Pesca Nacional, de Antonio Sáñez Reguart (1795)

Receita da Farmacopea Oficial Española elaborada coa grasa de cachalote coñecida como espermaceti (1905)

Empregados da factoría baleeira Massó de Punta Balea traballando coas coitelas na plataforma de despezado (cara a 1960)




















Galicia foi o último reduto da industria baleeira na Península lbérica. O percorrido nesta sala lévanos dende a época histórica da caza con arpón de man ata as factorías do século XX, coa empresa Massó Hermanos S.A. como unha das protagonistas.
O tema principal céntrase nesta última etapa, exclusivamente galega, que se pecha coa prohibición e peche en 1985 e se caracteriza polas melloras tecnolóxicas, as novas formas de explotación e a influencia do movemento ecoloxista.
Ao contrario que noutras potencias baleeiras como Noruega, as Azores, Gran Bretaña e Estados Unidos, o noso patrimonio baleeiro está a piques de desaparecer. Dar a coñecer as testemuñas que conserva o Museo Massó e pór en valor as ruínas da factoría baleeira de Punta Balea en Cangas do Morrazo (Pontevedra), constitúen a última oportunidade que temos para salvalo do esquecemento.