A explotación dos recursos do mar
O tramo que se conserva das antigas naves da conserveira do século XIX está a ser restaurado para ser integrado no proxecto da exposición permanente e acoller a área dedicada a actividade portuaria.
A franxa costeira da enseada de Bueu quedou desocupada unha vez abandonado o porto no período romano, e non recupera a actividade pesqueira ata o século XIX, cando as embarcacións tradicionais e barcos de vapor atracaban nos precarios peiraos de madeira das salgaduras e logo das conserveiras.
Ao redor destes embarcadoiros e dos areais das praias xirará a vida do novo núcleo urbano, un espazo público e de traballo que ocuparán de forma moi activa as mulleres.