Ir o contido principal
EXPOSICIÓN TEMPORAL

A arte de navegar. A colección de Antonio Rama

No 2015 o Museo Massó incrementou a súa colección de historia da navegación gracias á importante doazón realizada polo coleccionista Antonio Rama Laguna.

Esta mostra presenta a colección como testemuña da última etapa de vixencia dunhas técnicas milenarias de navegación que desaparecen na década de 1990 coa implantación da navegación por satélite GPS.

A doazón realizada por Antonio Rama Laguna, permítenos ampliar o marco cronolóxico ata as décadas centrais do século XX, período inmediatamente anterior á invención do GPS. Coa incorporación desta nova tecnolxía desaparecerá un sistema de navegación milenario e os instrumentos aos que dera lugar.

A arte de navegar foi dende a antigüidade a e ata o século XIX a base para o coñecemento do mundo e as relacións e intercambios entre os pobos dos distintos continentes. Desde a época en que os fenicios dominaban o Mediterráneo e ata o século XV a navegación era básicamente costeira. A partir de entón, para emprender as longas travesías oceánicas ás que se aventuraron portugueses e españois foi preciso o desenvolvemento de disciplinas como a astronomía, as matemáticas, a xeometría e a cartografía. O coñecemento destas disciplinas permitiría coñecer a posición do barco e o rumbo a seguir. Para realizar estes cálculos sen avistar terra, o mariño contaba cos astros, o horizonte, a velocidade do barco, a medición do tempo e a forza dos polos magnéticos da terra.

O desenvolvemento da tecnoloxía e instrumentos que se precisan para navegar iníciase na Idade Media coa invención do compás náutico e culmina na década de 1990 coa implantación do sistema de navegación por satélite GPS.

Cando?
Do xoves, 20 de outubro de 2016 ao domingo, 6 de maio de 2018

Máis exposicións

Ver exposicións pasadas

Crecer co mar. Os gozos e as sombras dunha vila mariñeira

A industria conserveira definiu a identidade de Bueu como vila mariñeira e impulsou unha fase de desenvolvemento sen precedentes. É un exemplo paradigmático das transformacións do litoral galego.

  • Do martes, 29 de xullo de 2025 ao mércores, 31 de decembro de 2025
Máis información

Camiño de papel e de estrelas

Esta exposición propón un percorrido polo camiño de papel que trazan os mapas. Seguimos a ruta marítima dende Palestina ata Padrón que, segundo conta a lenda, realizou o corpo do apóstolo Santiago.

  • Do sábado, 26 de xullo de 2025 ao mércores, 31 de decembro de 2025
Máis información