Ir o contido principal
EXPOSICIÓN TEMPORAL

Antonio Massó en cor marfil. A arte do scrimshaw con apelido Massó

Antonio Massó García (Vigo, 1906-1988) formou parte da terceira xeración da saga catalá dos Massó que se establece en Bueu (Pontevedra) a principios do século XIX para dedicarse á salgadura e conserva de peixe. Foi o cuarto e o menor dos fillos de Gaspar Massó Ferrer, fundador, xunto co seu pai e o seu irmán Salvador, da fábrica de conservas herméticas en 1883.

Nesta exposición queremos destacar a faceta creativa do empresario Antonio Massó. A súa inclinación artística levouno a facerse cargo da imaxe e a publicidade da fábrica de conservas Massó Hermanos e a desenvolver unha gran destreza na arte do scrimshaw. Para iso valíase dos cairos de cachalote procedentes da factoría baleeira que tiñan en Cangas e os pirogravaba reproducindo escenas navais e de caza de balea.

Sen dúbida Gaspar Massó García (1892- 1991) soubo trasladar ao seu irmán menor o interese pola valiosa colección bibliográfica que a familia atesouraba no Museo Massó. Antonio implicouse de forma moi activa no seu acrecentamento e difusión, chegando mesmo a deseñar o ex - libris da biblioteca familiar.

A mostra intégrase dentro do percorrido da exposición permanente. Deste xeito a figura de Antonio cobra toda a súa relevancia en cada unha das seccións do discurso expositivo: a sala do antigo Museo e as salas dedicadas ás factorías conserveira e baleeira, que foron propiedade da familia e nas que desempeñou a súa actividade profesional e plasmou a súa inquietude artística.

Cando?
Do martes, 30 de xullo de 2013 ao luns, 30 de decembro de 2013

Máis exposicións

Ver exposicións pasadas

8M. Un obxecto, unha historia invisible

Exposición temporal con motivo da celebración do Día Internacional da Muller. 

  • Do domingo, 8 de marzo de 2026 ás 09:00 ao mércores, 30 de decembro de 2026 ás 21:00
  • Dende o domingo 8 de marzo de 2026 na sala da industria conserveira
Máis información

25N. Os Desastres da Guerra. O corpo das mulleres como arma de guerra

Exposición temporal co motivo da celebración do Día internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres

  • Do martes, 25 de novembro de 2025 ao mércores, 30 de decembro de 2026
  • Dende o martes, 25 de novembro de 2025
Máis información