Ir o contido principal
EXPOSICIÓN TEMPORAL

A última lancha xeiteira. Unha peza singular

Con este proxecto o Museo Massó da continuidade á serie de exposicións temporais baixo o título xenérico dunha Peza Singular. Cada un destes proxectos desenvolverase a partir dunha peza da colección do Museo, elaborándose un discurso cuxo fío argumental nos permita establecer conexións entre esta e outras pezas do noso fondo museográfico. O obxectivo é explotar ao máximo os recursos da propia colección, que será reforzada puntualmente por préstamos doutros museos.

A exposición xira en torno a última lancha xeiteira orixinal que se conserva e que forma parte da colección do Museo. Este tipo de embarcacións desapareceran na década dos anos 60. O pecio da Marina, recuperado do fondo dunha marisma en 1991 e que por primeira vez será exposto ao público, poderá ser contemplado nun espazo que evoca ás carpintarías de ribeira. Así mesmo, resérvase unha sección temática dedicada ao oficio do carpinteiro de ribeira e á construción da réplica da Marina. O discurso expositivo propón ademais un percorrido polas circunstancias históricas e económicas que marcaron o auxe e o fin deste tipo de embarcación. En todo este proceso Bueu foi un enclave pesqueiro e conserveiro moi significativo, e a actividade industrial dos Massó, no seu papel de fomentadores cataláns, salgadeiros, conserveiros e armadores dunha flota pesqueira, serve de fío condutor.

 

Cando?
Do luns, 6 de abril de 2015 ao martes, 14 de xullo de 2015

Máis exposicións

Ver exposicións pasadas

Un obxecto, unha historia invisible

Un obxecto, unha historia invisible é un proxecto no que facemos unha lectura dun obxecto que forma parte da exposición permanente para visibilizar as distintas historias que agocha. 

  • Do martes, 30 de xuño de 2026 ás 09:00 ao xoves, 31 de decembro de 2026 ás 21:00
  • Dende o martes 30 de xuño na sala da conquista do mar
Máis información

8M. Un obxecto, unha historia invisible

Exposición temporal con motivo da celebración do Día Internacional da Muller. 

  • Do domingo, 8 de marzo de 2026 ás 09:00 ao mércores, 30 de decembro de 2026 ás 21:00
  • Dende o domingo 8 de marzo de 2026 na sala da industria conserveira
Máis información