A explotación dos recursos do mar
No ano 2013 foron recuperados 18 píos e parte do patio da vella fábrica de salgadura Piñeiro que fora integrada no complexo conserveiro Massó transformada para almacén de anchoado. Este espazo está a ser rehabilitado para incorporalo a exposición permanente como testemuña do desenvolvemento no século XIX da industria da salga a partir do establecemento nas rías galegas dos fomentadores cataláns.