Ir o contido principal
EXPOSICIÓN TEMPORAL

A carpintería de ribeira. A fráxil beleza dun oficio

Nesta exposición, realizada no Museo do Mar de Galicia en colaboración co Museo Massó de Bueu, móstranse 50 fotografías que foron seleccionadas de entre todas as presentadas ao I Concurso de Fotografía do Museo Massó 2017, dedicado á carpintería de ribeira tradicional.

Trátase dun patrimonio histórico que comprende tanto as técnicas de navegación tradicionais e as embarcacións tradicionais, como o oficio, o taller e o estaleiro. Estas modestas carpinterías forman parte da arquitectura popular e en elas constrúense as pequeñas embarcacións de madeira dedicadas á pesca de baixura.

A carpintería de ribeira era un oficio que requería poseer uns coñecementos de gran complexidade e, en moitos casos, era itinerante.

Por isto, os estaleiros son estruturas sinxelas de madeira. Normalmente levántanse, de forma case improvisada, sobre a area ao lado do mar e, polo xeral, crecen aproveitando o material sobrante da propia actividade do taller.

Nestas características, que lle outorgan unha aparente fraxilidade, reside o seu principal valor e a súa particular beleza, algo que os obxectivos das cámaras souberon captar para convertilas en obras de arte.

Lamentablemente hoxe, uns anos despois de ser fotografados, algúns destes estaleiros desapareceron, outros, como os de Moaña, inician un camino máis esperanzador.

Cando?
Do venres, 27 de xullo de 2018 ao sábado, 8 de setembro de 2018

Máis exposicións

Ver exposicións pasadas

25 N. Os Desastres da Guerra. O corpo das mulleres como arma de guerra

Exposición temporal co motivo da celebración do Día internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres

  • Do martes, 25 de novembro de 2025 ao mércores, 30 de decembro de 2026
  • Dende o martes, 25 de novembro de 2025
Máis información

Instalación temporal. Maruja Mallo e a alfombra voadora

O día 8 de outubro de 2025 inaugurouse no Museo Reina Sofía de Madrid a exposición MARUJA MALLO. MÁSCARA E COMPÁS. A mostra foi complementada por unha instalación de arte efémera que consistiu na realización dunha alfombra de cunchas realizada pola Asociación Cunchas e Flores de Bueu.  A alfombra foi desmontada o día 28 de outubro e trasladada ao Museo Massó.

  • Do sábado, 8 de novembro de 2025 ao mércores, 30 de decembro de 2026
  • Dende o sábado, 8 de novembro de 2025
Máis información