Ir o contido principal
EXPOSICIÓN TEMPORAL

8M. Patriarcadas@Reviradas. Día Internacional da Muller

Serie da carteis deseñados polas alumnas e alumnos do IES Illa de Ons de Bueu con motivo da celebración do Día Internacional da Muller.

Dende a materia de Igualdade de Xénero, o alumnado de 2º da ESO do IES Illa de Ons (Bueu) elaborou unha campaña para fomentar a promoción da igualdade na contorna escolar. Este proxecto quere visibilizar a discriminación, os estereotipos e a violencia de xénero vixentes entre a mocidade e na sociedade en xeral.

 

Cando?
Do luns, 6 de marzo de 2023 ao domingo, 19 de novembro de 2023

Máis exposicións

Ver exposicións pasadas

25 N. Os Desastres da Guerra. O corpo das mulleres como arma de guerra

Exposición temporal co motivo da celebración do Día internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres

  • Do martes, 25 de novembro de 2025 ao mércores, 30 de decembro de 2026
  • Dende o martes, 25 de novembro de 2025
Máis información

Instalación temporal. Maruja Mallo e a alfombra voadora

O día 8 de outubro de 2025 inaugurouse no Museo Reina Sofía de Madrid a exposición MARUJA MALLO. MÁSCARA E COMPÁS. A mostra foi complementada por unha instalación de arte efémera que consistiu na realización dunha alfombra de cunchas realizada pola Asociación Cunchas e Flores de Bueu.  A alfombra foi desmontada o día 28 de outubro e trasladada ao Museo Massó.

  • Do sábado, 8 de novembro de 2025 ao mércores, 30 de decembro de 2026
  • Dende o sábado, 8 de novembro de 2025
Máis información