Ir o contido principal
EXPOSICIÓN TEMPORAL

25N. Patriarcadas@Reviradas. Día Internacional contra a Violencia Machista

Con ocasión da celebración do Día Internacional contra a Violencia Machista presentamos a segunda parte deste proxecto que da continuidade e completa a mostra do 8M. Son unha serie da carteis deseñados polas alumnas e alumnos do IES Illa de Ons de Bueu.

Dende a materia de Igualdade de Xénero, o alumnado de 2º da ESO do IES Illa de Ons (Bueu) elaborou unha campaña para fomentar a promoción da igualdade na contorna escolar. Este proxecto quere visibilizar a discriminación, os estereotipos e a violencia de xénero vixentes entre a mocidade e na sociedade en xeral.

 

Cando?
Do xoves, 23 de novembro de 2023 ao sábado, 2 de marzo de 2024

Máis exposicións

Ver exposicións pasadas

25 N. Os Desastres da Guerra. O corpo das mulleres como arma de guerra

Exposición temporal co motivo da celebración do Día internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres

  • Do martes, 25 de novembro de 2025 ao mércores, 30 de decembro de 2026
  • Dende o martes, 25 de novembro de 2025
Máis información

Instalación temporal. Maruja Mallo e a alfombra voadora

O día 8 de outubro de 2025 inaugurouse no Museo Reina Sofía de Madrid a exposición MARUJA MALLO. MÁSCARA E COMPÁS. A mostra foi complementada por unha instalación de arte efémera que consistiu na realización dunha alfombra de cunchas realizada pola Asociación Cunchas e Flores de Bueu.  A alfombra foi desmontada o día 28 de outubro e trasladada ao Museo Massó.

  • Do sábado, 8 de novembro de 2025 ao mércores, 30 de decembro de 2026
  • Dende o sábado, 8 de novembro de 2025
Máis información