Ir o contido principal
EXPOSICIÓN TEMPORAL

25N. Patriarcadas Revirad@s

Con ocasión da celebración do Día Internacional contra a Violencia Machista presentamos a segunda parte deste proxecto que da continuidade e completa a mostra do 8M. Son unha serie de carteis deseñados polas alumnas e alumnos do IES Illa de Ons de Bueu.

Dende a materia de Igualdade de Xénero, o alumnado de 2º da ESO do IES Illa de Ons (Bueu) elaborou unha campaña para fomentar a promoción da igualdade na contorna escolar. Este proxecto quere visibilizar a discriminación, os estereotipos e a violencia de xénero vixentes entre a mocidade e na sociedade en xeral.

 

Cando?
Do xoves, 23 de novembro de 2023 ao sábado, 2 de marzo de 2024

Máis exposicións

Ver exposicións pasadas

Un obxecto, unha historia invisible

Un obxecto, unha historia invisible é un proxecto no que facemos unha lectura dun obxecto que forma parte da exposición permanente para visibilizar as distintas historias que agocha. 

  • Do martes, 30 de xuño de 2026 ás 09:00 ao xoves, 31 de decembro de 2026 ás 21:00
  • Dende o martes 30 de xuño na sala da conquista do mar
Máis información

8M. Un obxecto, unha historia invisible

Exposición temporal con motivo da celebración do Día Internacional da Muller. 

  • Do domingo, 8 de marzo de 2026 ás 09:00 ao mércores, 30 de decembro de 2026 ás 21:00
  • Dende o domingo 8 de marzo de 2026 na sala da industria conserveira
Máis información