Ir o contido principal

Acceso ao catálogo

Acceso ao catálogo da rede dixital CER.es 

CER.es (Coleccións en Rede) é un catálogo colectivo en liña que reúne información e imaxes dos bens culturais que forman parte das coleccións de todos os museos integrantes da Rede Dixital de Coleccións de Museos de España. CER.es permite realizar buscas xerais e avanzadas en todos os museos ou nunha selección realizada pola persoa usuaria. 

Como acceder ao catálogo do Museo Massó en CER.es:

1. Dende a páxina de presentación do catálogo, hai que ir á pestana de "Selección de Museos" (na parte superior, á dereita):

 

Pantallazo de Ceres (inicio)

 

2. Buscar Massó:

 

Pantallazo de Ceres (busca de museo)

 

3. Nesa páxina que se mostra, hai que seleccionar Museo Massó e premer no botón de "Acceso ao catálogo":

 

Pantallazo de Ceres (seleccionar Museo Massó)

 

4. Unha vez dentro, xa se pode realizar a busca desexada: 

 

Pantallazo de Ceres (final)

 

5. Por exemplo, para a busca de "instrumentos de navegación":

 

Pantallazo de Ceres (criterio de busca)

Como solicitar a reprodución de fondos do Museo Massó

  • Por medio do correo electrónico museo.masso [at] xunta.gal solicitarase o formulario correspondente
  • Non se autorizarán máis de 5 imaxes por solicitude ou proxecto
  • Todas as imaxes solicitadas deberán estar identificadas co número de inventario, nome do obxecto e título
  • O prazo mínimo para realizar a solicitude é de 1 mes