Ir o contido principal

Misión

A misión do Museo Massó é a de investigar, conservar, poñer en valor e interpretar o patrimonio marítimo do territorio no que está emprazado e o legado da industria conserveira Massó, para divulgalo e dar a coñecer os procesos de configuración da súa identidade dende un enfoque social e de xénero.

O noso obxectivo é o de xestionar o potencial deste patrimonio implicando activamente á sociedade para convertelo nun factor de desenvolvemento sustentable e contribuír á consolidación de valores sociais, de igualdade e a toma de conciencia do mundo no que vivimos.

O medio principal para realizar este labor será a exposición e as técnicas de difusión e interpretación dos bens culturais, cuxo valor esencial é a autenticidade, dentro dun contexto global, interdisciplinar e cientificamente rigoroso.