O programa expositivo integra parte dos testemuños arquitectónicos máis antigos do complexo conserveiro, constituídos por un antigo almacén de sal do século XVIII, dúas fábricas de salgadura de mediados do século XIX e unha conserveira de finais do mesmo século.
A peculiaridade deste museo radica, ademais, no feito de que o edificio da antiga conserveira, a colección e o propio museo forman unha unidade inseparable. Tanto os edificios como parte das súas coleccións pasaron de pertencer ao sector produtivo a constituírse como patrimonio cultural. O museo foi medrando dentro da propia fábrica. Este proceso, que iniciaron os irmáns Massó en 1928, culmina coa inauguración e apertura, en xullo de 2025, dos novos espazos restaurados da antiga fábrica para integralos no museo.